De mañaneo na piscina dunha casa rural
Despois dunha rave guapa nun casal popular
Bailando rico e suave, non podo parar
Levantando las manos pa' no verte más
E que o ritmo non pare, todos a unha
Ou bailamos todas ou non danza ningunha
Estes catro xuntos, vaia quilombo
Neste panorama hai tremendo combo
Guerra de guerrillas conquistando a noite
Quitándolle o cubata ao pijo que o descoide
A derradeira caña pagada só con cobre
I é que aquí sabemos como bailan os pobres
Como bailan os pobres, como bailan os pobres
Como bailan os pobres, a golpe de cadeira matamos tódalas dores
Soldados de fortuna saíndo na batalla
Buscan nesta troula ratafía e máis cassalla
Soltando todo o fire, cuspindo esa metralla
Se non xogamos todas rachamos a baralla
Oh, que prenda todo
Pegado ao meu carón, aquí non hai pudor
Baila, meu irmán, que aquí todo é amor
Oh, tremendo combo
Dá igual se non hai luz, non marcha nin dios
Xa chegou o sol
Teletransportado, soa Flying Free
Entrega os teus instintos co máis puro frenesí
Un cubata máis e pide repetir
Agora non temes polo teu porvir
Resistindo golpes ata que todo estoure
Un raio de calma onde todo corrompe
Unindo as nosas voces, cambiando a nosa sorte
A tristura amaina cando bailan os pobres
Como bailan os pobres, como bailan os pobres
Como bailan os pobres, La Pegatina, Ezetaerre confirman os rumores
Dáme contracultura, e saca todo o plástico
Dáme festas populares da xente do barrio
Nun escenario, sen fórmulas de radio
As prazas son do pobo, que non digan o contrario
Retrouso